Sardiña para o San Xoan
![](https://catrineta.com/wp-content/uploads/2014/07/Receita-sardiña-para-o-San-Xoan.jpg)
Chega San Xoan e parece que non hai tanta sardiña como sería desexable. Dámosvos unha opción moi presentable que ademais permite gozalas na casa sen que o olor quede a vivir convosco.
Sardiñas do «xeito» grandes e fermosas, duas por lata; pasádeas pola tixola ben quente co seu propio aceite, un pouco de sal medio fino e limón e perexil opcional.
Sobre un bo pan e non vos creredes o boas que están.