Salada de filetes de xarda con tomate, cogombro(pepino) e pementos
Está receita está sacada do blog de cociña cincosentidosnacocinha.pt e pensamos que é interasante agora que todavía podemos desfrutar de todos istes ingrendientes que atopamos na nosa horta. Así que, velaí vai.
É doada e non vos levará máis de 10 minutos facer iste petisco.
Ingredientes:
- 2 Catrilatas de filetes de xarda en aceite de oliva.
- pemento verde e vermello
- tomate
- cogombro (pepino)
- vinagre de viño blanco
- sal e pementa negra.
Elaboración:
- Comezar por cortar os pementos,tomates, cogombro e a cebola en dados. Pór todo nunha cunca.
- Abrilas latas Catrineta de filetes de xarda en aceite de oliva tiralas nun recipiente co seu aceite e desfacer cun garfo.
- Misturar con un pouco de sal e pementa negra, unhas pingas de vinagre e remexer co resto.
- Meter no frigorífico unha media hora e servir con pan torrado ou unhas Mariñeiras…
O mellor paso de todos: DESFRUTAR!!!