Ensalada Xoubas con pementos de Piquiño.
![](https://catrineta.com/wp-content/uploads/2015/04/bbb.jpeg)
Apurando xa os últimos días da Páscoa, despois de ter visitado ás amigas, familia ou mesmo teren saído de viaxe…sexa como sexa, nós queremos voltar a normalidade. Coller de novo as zapatillas e botarse a correr e claro, deixar as torrixas, rosquiñas, churros, etc. atrás. Por iso hoxe ímos xantar sano,sanísimo…Velaí vos deixamos unha receitiña, rica,rica!!
Xoubas con pementos de Piquiño
Ingredientes:
- Leituga de tempada. (trocadero/catro estacións/canónigos/rúcula/endívia).
- Tomate.
- Espárrago.
- Ovo cocido.
- Pemento Piquiño
- Aceituna
- Xoubas 16/20 aceite oliva Catrineta.
- Mostaza.
- Culler de aceite oliva.
- Culler de vinagre suave.
- Sal e pementa.
Preparación:
Pór todos os vexetais barallados nunha fonte.
Nunha cunca misturar a mostaza co aceite o vinagre a sal e a pementa. Removelo todo ben.
Botar por riba dos vexetais. Colocar as xoubiñas co ovo troceado e as olivas.
Un bo anaco de pan e adentro!!
Doado non….2 minutos, rico e saudábel!