SOPA DE SARDIÑAS EN TOMATE
Sabemos que isto non o esperabades. Unha lata de peixe para facer sopa???. Poís velaí vai a nosa receita sopera.
Ingredientes:
2 latas sardiñas en tomate.
Como facer:
Nunha pota pór auga a ferver. Lavar, pelar e cortar a pataca. Cando a auga ferva, botar o sal, a folla de loureiro, a pataca partida e o arroz. Cocer a lume medio. Mentras tanto ir picando a cebola e a cenoira. Facer un sofrito co tomate fritido.
Cando as patacas estean feitas, abrir as latas coas sardiñas e botalas na pota. Engadir todas as especias. Engadilo sofrito e darlle un fervor de nada para polo todo a mesma temperatura. E listo!