Inauguración de Catrineta

O pasado sábado 22 de xuño, ás 20:30h da tarde, inaugúrouse Catrineta; a primeira tenda especializada en conservas galegas de Compostela. A inauguración terá lugar no propio local situado ao carón do Mercado de Abastos na Ruela de Altamira 2, Santiago de Compostela.

Para a inauguración ofrecéronse aos convidados unha degustación de produtos da propia tenda: variedade de conservas Catrineta, doces tradicionais e viños galegos. A velada será amenizada pola actuación do dúo jazz Pablo Seoane e Coralie Yap-Chine.

VER O ÁLBUM DE FOTOS