EXPOSICIÓN INSTAGRAM AIGIBOGA

” Corren tempos de postureo e moderneo onde o instagram pasou a ser o noso pan de cada día”, como di Argi.Un mundo paralelo, como todas as redes sociais, onde confluen moitas personaxes, un sinfín de filtros fotográficos e moreas de “hashtags” de todo tipo e índole.

Con esta expo intentamos adaptarnos os tempos que corren e por que non, demostrar que non precisamos de equipos caros para sacar algunha que outra foto bonica.

AIGI BOGA é un fotógrafo nado en Compostela, enganchado a fotografía dixital dende fai uns anos. Fai pouco descubriu o potencial das cámaras dos moviles, e agora podedes velo resultado na Catrineta.
Podedes atopar máis información no seu facebook AIGI BOGA
A exposición inaugurase o vindeiro venres 7 de novembro a partir das 20:00h na Catrineta&Cia:Conserveira de Compostela.