II Edición en Fachada CatrinetaNonou:” Movimentos”, Francisco Valeiras-Quico
Catrineta NonOu Edicións en Fachada é un proxecto que consiste na creación da Primeira Editora Mundial de libros en formato fachada coa intención de xerar propostas colectivas de edición abertas a cidadanía.
Nesta II Edición presentamos a Francisco Valeiras-Quico coa obra de poesía, Movimentos.
“…ela e il il i ela medráronse pola probabilística das esquinas…e eisí abriron fiestras nas que respiraron a fricción da franela e o frío do cristal…il e ela ela e il trazaron movimentos cos que nacía o código postal e as palabras arañaron no buzón…ela e il il i ela crearon as físicas todas e chamáronlle nós…” Francisco Valeiras-Quico.
A presentación coa lectura dos poemas con Quico,a música de cantautor Roberto Sobrado,e o saxo Alexandre Cabanelas, foi un luxo de Edición. Deixamosvos unha pequena mostra.
Comments are closed.