XOUBAS CON OVOS E PEMENTOS (ESTILO ROVIGO)

Ista receita é doada, rica, saudábel e rápida. Así que non hai excusas para non comer ben!

Sabíades que as xoubas teñen un alto contido en proteínas como os ovos ou a carne, grasas insaturadas,sí, sí, o famoso Omega 3, calcio (porque consumímolas coa espiña) e vitaminas A,D e B12..

Poís, daquela velaí vai unha receita que podes preparar en 7 minutos.

 

Ingredientes:

  • 1 latiña de xoubas Catrineta, unha 16/20 xá está ben.
  • 2pementos verdes.
  • 2 ovos. (de pita Piñeira ou de Mos, mellor que mellor). Lembrade que os ovos levan unha identificación: 0 para os ecolóxicos e 1 para os que proveñen de pitas en liberdade.
  • 4 tomates (raf, pera…carnoso, coma sempre, mellor os que estén de tempada e de produción local).
  • Pementa negra.
  • Xarxa (salvia officinalis).
  • Azucre.
  • Aceite de oliva virxe extra.

Preparación:

  1.  Nunha tixola raiade o tomate e refogadeo cun pouco de sal e azucre.
  2. Ao tempo noutra tixola, fritides os pementos cortadiños en tiras e unha mica de sal.
  3. Facede os ovos, á plancha van perfeitos e levan menos aceite, que lles quede a xema “para mollar”.
  4. Emplatar: as xoubas ben colocadiñas primeiro, por riba o tomate, despois o pemento na cima de todo os ovos. Temperar coa xarxa e coa pementa negra moída…

Comer! nham nham!!!

 

Receita sacada do blog: conserveraiberica.blogspot.com