SOPA DE SARDIÑAS EN TOMATE

Sabemos que isto non o esperabades. Unha lata de peixe para facer sopa???. Poís velaí vai a nosa receita sopera.

Ingredientes:

2 latas sardiñas en tomate.

1 pataca grande.

3 culleres soperas de arroz.

1 cenoira.

1 cebola pequena.

2 culleres de tomate fritido.

folla loureiro.

sal.

pementa negra.

pementón doce.

eneldo ou perixel.

allo.

aceite.

Como facer:

Nunha pota pór auga a ferver. Lavar, pelar e cortar a pataca. Cando a auga ferva, botar o sal, a folla de loureiro,  a pataca partida e o arroz. Cocer a lume medio. Mentras tanto ir picando a cebola e  a cenoira. Facer un sofrito co  tomate fritido.

Cando as patacas estean feitas, abrir as latas coas sardiñas e botalas na pota. Engadir todas as especias. Engadilo sofrito e darlle un fervor de nada para polo todo a mesma temperatura.  E listo!sopa sardiña tomate 2