Responsable Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?

Identidade: Catrineta Conserveira S.L.
Dir. Postal:Avda. Sabardes 58 – Sabardes (Outes). 15288 A Coruña
Correo electrónico: info@catrineta.com

Finalidade Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Se es cliente:
Tratamos a información coa finalidade de posibilitar a axeitada prestación do servizo concertado, a facturación, o desenvolvemento de accións comerciais e a oferta e/ou contratación de produtos e servizos.

Se contactaches connosco a través da web:
Tratamos a información coa finalidade de xestionar a consulta, queixa, suxestión e/ou reclamación.

Se accedes ás nosas instalacións:
Tratamos a información co fin de xestionar e controlar o acceso ás instalacións por motivos de seguridade e calidade derivados do Sistema de Inocuidade dos Alimentos.

Se es candidato:
Tratamos a información co fin de xestionar a relación cos candidatos que optan a un posto vacante na empresa.

Tempo Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial e non se solicite a súa supresión por parte do interesado, tendo en conta os prazos previstos pola lexislación respecto á prescrición de responsabilidades.

Lexitimación Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

Baseámonos no consentimento do interesado, a execución do contrato e/ou interese lexítimo.

Destinatarios A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Cederanse datos a terceiros sempre que exista unha obrigación legal e/ou sexa necesario para a correcta prestación do servizo (Destinatarios: empresa de transportes e entrega de mercadoría.).

Poderán tratar e/ou acceder aos seus datos os seguintes encargados de tratamento:
-Asesoría, coa finalidade de prestar o servizo de xestión e asesoramento fiscal e contable.
-Empresas de informática coa finalidade do mantemento de aplicacións e sistemas informáticos.
-Empresas de consultoría, certificación e/ou asesoramento xurídicos.

Dereitos Cales son os seus dereitos canto nos facilita os seus datos?

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se en CATRINETA CONSERVEIRA S.L. estamos a tratar datos persoais que lles conciernan, ou non.
Ten dereito a solicitar o acceso aos datos persoais relativos ao interesado, a súa rectificación ou supresión, a limitación do seu tratamento, opoñerse ao tratamento e á portabilidade dos datos.
Informámoslle que ten dereito a retirar o consentimento que nos fora outorgado nalgunha finalidade específica; así como a presentar unha reclamación ante calquera autoridade de control.

Pode exercer os seus dereitos de Protección de Datos por escrito en Avda. Sabardes 58 – Sabardes (Outes). 15288 A Coruña

Procedencia Como obtivemos os seus datos?

Os datos obtivéronse directamente do interesado ou do seu representante legal. A categoría de datos que se empregan son:
-De identificación: nome e apelidos, NIF, enderezo postal, teléfonos, e-mail.
-Datos bancarios: para a domiciliación de pago.
-Os necesarios para o mantemento da relación comercial. Facturación.