Obradoiro Mimadriña. Mes da Patela

Mimadriña defínese como unha artesá, unha muller do mar. A creatividade, o mar, a identidade da costa da morte, o feito a man, son sempre tripulantes das súas propostas.

Na Catrineta é xa a segunda vez que experimentamos coa súa obra, e é un pracer! . Os seus traballos teñen na nosa tenda un contexto idóneo. Pero do que máis gostamos é da súa persoa, do seu discurso. Levar a CULTURA ( a de todas) a espazos que están fóra do institucional para achegalos a espazos cotiás, é para nós, principio destas accións. Alén disto, neste mes de marzo no que queremos visivilizar o traballo de milleiros de mulleres no mar, que botamos de menos cando se fala del, traballos que non contaron e non contan co recoñecemento suficiente, son para nós neste mes obxeto de acción. Por iso, Mimadriña fará este obradoiro, para pór no noso maxín a historia delas, das mulleres do mar.

 

http://mimadrinha.com