Mapa Emocional de Compostela por Maria Meijide

Maria Meijide, afamada pintora Compostelana (nós pensamos que é xenial), presenta iste Xoves 31 a tarde na Fundación Granell, entre o lusco e fusco unha das súas novas obras: o Mapa Emocional de Santiago de Compostela que como ben dí ela é:

“un mapa de autor, unha peza de ilustración-pintura que aspira a converterse en el hit del verano (toda unha aspiración!); un referente emotivo no que recoñecernos, unha visión próxima e espontánea do espazo que habitamos, a CIDADE, onde a localización e o tamaño das cousas responde a un rexistro subxetivo, que non cartógráfico, máis, quen sabe?, tal vez este rexistro nos aproxime mais do que outros métodos a unha íntima realidade de Santiago de Compostela. “

No acto de presentación poderase ver o mapa orixinal, as pranchas, as probas de cor e unha mostra de primeira tiraxe, prensentados en tubo de cartón.

Ademáis haberá  concerto con Lúa Gándara&Pablo Seoane, todo acompañado por, como non: Viño da Ribeira Sacra e  Pinchiños Catrineta.

Tamén poderedes adquirir o seu Mapa na Catrineta!!!

Deixamosvos un enlace a web de Maria para que a coñezades un pouco mellor.

www.mariameijide.com