Category: Eventos

Sopa de versos. Quico Valeiras.Catrineta nonou Edicións en Fachada

Despois do éxito de Movimentos, Quico Veleiras repite xunto ao saxsofonista Alexandre Cabanelas, na III Edición de  Catrineta Nonou Edicións en Fachada. Esta vez para presentar a súa nova Obra poética: Sopa de versos.
 O Xoves 10 ás 20:00 na Catrineta!!!!
 CARTAZ-SOPAdeVERSOSvector(reduc)
INSTRUCIÓNS DO XOGO:
-1. Vrau: tempada máis cálida do ano que chama á praia llo chiringuito, á abundancia de líquidos frescos con ou sen xeo engadido, ó bronceado llas sopas de letras. Hai quen a detesta. Poesía (1): arte (é dicir: xogo) que consiste en resetear e resituar os lindes da liguaxe para expor certas sensacións, experiencias, valores, etc., onde o dicir adopta unha actitude de intromisión radical, xa en relación ó emisor xa ó receptor. Poesía (2): asunción da linguaxe coma potencia creativa, non tanto entendida esta como vehículo comunicativo do mundo, senón coma a posibilidade mesma da súa disposición e circulación; en definitiva, se a linguaxe é a oportunidade do ser, a poesía irrompe coma a súa revolución. Verso: orde no que a poesía estrutura a súa linguaxe; hai versos que falan do vrau, outros non.

II Edición en Fachada CatrinetaNonou:” Movimentos”, Francisco Valeiras-Quico

Catrineta NonOu Edicións en Fachada é un proxecto que consiste na creación da Primeira Editora Mundial de libros en formato fachada coa intención de xerar propostas colectivas de edición abertas a cidadanía.

Nesta II Edición presentamos a Francisco Valeiras-Quico coa obra de poesía, Movimentos.

“…ela e il il i ela medráronse pola probabilística das esquinas…e eisí abriron fiestras nas que respiraron a fricción da franela e o frío do cristal…il e ela ela e il trazaron movimentos cos que nacía o código postal e as palabras arañaron no buzón…ela e il il i ela crearon as físicas todas e chamáronlle nós…” Francisco Valeiras-Quico.

A presentación coa lectura dos poemas con Quico,a  música de cantautor Roberto Sobrado,e o saxo Alexandre Cabanelas, foi un luxo de Edición. Deixamosvos unha pequena mostra.

Edición en Fachada

Edición en Fachada

Edición en Fachadaimaxe3b

 

 

 

 

 

 

imaxe 6b

OS SUMERXIDOS de Pota Cromática

sonia garcíaObradoiro de Pirografía. (Aforo limitado).5€

O vindeiro Venres 13, á tardiña de  18.00 a 20.00 na Catrineta podedes apuntarvos para aprender como practicar pirografía. Entregarásevos todo o material e depois a vosa obra quedará exposta na Catrineta durante unha tempada xunto coas Obras de Pota Cromática.

Xa fai tempo que tiñamos ganas de involucrarnos, de traballar coas nosas mans  e desta vez facémolo con Sonia García, como dí ela mesma, unha rapaza de mar que aprendeu as cores antes de andar!

Aquí deixamosvos unha mostra do que aconteceu:

 

Piro 1

 

piro7

 

piro 5

 

piro6

EXPOSICIÓN AMPARO ESCRICH ALBENTOSA

Catrineta acolle a exposición da ceramista Amparo Escrich Albentosa natural de Valencia e que ten o seu obradoiro hoxe en día en Monforte de Lemos (Lugo)

Cursou estudos na escola de Cerámica de Manises e na de Artes e Oficios de Valencia.

Amparo Escrich realizou traballos de restauración no museo de Cerámica de Valencia González Martí e na igrexa de San Juan Bautista.

Reside en Galicia desde fai anos, realiza cursos e talleres de cerámica, raku, corda seca, modelado, torno, etc..

As pezas aquí expostas é unha pequena representación do seu extenso traballo. Pezas realizadas con gres e cristal fundido a unha temperatura de 1250 grados. Campás modeladas con barro e engobe cocido a 980 grados. Peixes feitos en barro con vidriado cocido a 980 grados. Cuencos torneados e decorados coa técnica de Corda Seca.

Datos de Contacto:
Tlfno. 982 404 620

Facebook: Amparo Escrich Albentosa

 

Presentación da nova forma de ver Cine.

Screenly, a plataforma para ver cine en salas baixo demanda a través do ‘crowdticketing’, comeza a súa implantación en cines de Galicia, empezando polos Multicines Norte en Vigo e a sala NUMAX en Santiago.
Querémolo celebrar de maneira oficial o vindeiro 5 de decembro co primeiro evento baixo demanda en Compostela: a estrea da película documental NO ESTAMOS SOLOS, de Pere Joan Ventura, producida por Pere Portabella e El Gran Wyoming, que se presentou no último Festival de San Sebastián e que chega por primeira vez a Galicia.
NO ESTAMOS SOLOS é un documental sobre a indignación e a dignidade, sobre os movementos sociais, as mareas da dignidade e sobre todo o escenario de rebelión cidadá que se xerou no Estado español entre maio de 2011 e o tempo no que estamos, finais de 2015, que culmina coas eleccións do vindeiro 20 de decembro.
Aproveitaremos a estrea baixo de manda en Galicia de NO ESTAMOS SOLOS para presentar en sociedade a nosa plataforma que permite a calquera espectador organizar unha proxección elixindo a película, o día e a data, e xuntando o mínimo de espectadores que faga a proxección viable.
A presentación será o sábado 5 de decembro ás 12h. Inauguramos así ademais un novo concepto a experimentar en NUMAX, as sesións vermú de cine. Nesta ocasión, polo prezo da entrada convidámosvos a un vermú por cortesía de Bodegas Lodeiros e un aperitivo ofrecido por Catrineta Conserveira de Compostela.
As entradas con todo incluído custan 7,5 euros e mercándoas comprobaredes por vós mesmos o funcionamento práctico de Screenly. A campaña de crowdticketing xa está en marcha: precisamos un mínimo de 53 reservas feitas antes do sábado 28 para poder confirmar o evento. Neste momento xa se apuntaron 17 persoas, só faltan 36 reservas de entradas para chegar ao noso obxectivo. É un reto colectivo traer esta película a Compostela, e demostrar que o público ten o poder ver os filmes que queira, a pouco que se xunte e se organice. Nós só poñemos as ferramentas que o facilitan.
Para reservar a túa entrada tes que entrar neste enlace e facer un prepagamento, que só se cargará na túa tarxeta cando o evento se confirme. Cousa que agardamos que aconteza grazas á túa colaboración.
Así funciona Screenly. O 5 de decembro queremos presentarcho en persoa, que veñas a gozar da peli e do debate, e que tomes un vermú e un petisco connosco mentres planeamos xuntos futuros eventos e proxeccións baixo demanda na nosa cidade. Todas as que o público queira.
Agardámoste!

Música ao vivo: GERGELYES

evento 7 nov-page-001

GERGELYES   /ˈɡɛrɡɛjɛʃ/  (Guergueiesh)

Música e baile dos húngaros csángó (rexión de Moldavia en Romanía)

O conxunto Gergelyes toca música para o baile procedente das tradicións dos csángó húngaros. Nos nosos espectáculos o público aprende ao son da música estes bailes participativos, de pasos e coreografías sinxelos e con múltiples repeticións e con variacións individuais. No noso repertorio abondan os bailes en roda, aos que engadimos algúns bailes en parella. A música é enérxica, variada en canto a formas, ritmos, escalas; a meirande parte das veces é alegre, outras mais grave, repetitiva (melodías tocadas co envolvente son do kaval moldavo), mais sempre chea de vida.

O obxectivo principal da banda é que todos participen da alegría do movemento, en harmonía cunha viva música cuxa primeira razón de ser é a de servir de soporte á danza.

FESTAS DA RÚA DE ABAIXO

Participamos unha vez máis no Mercadiño das Afamadas festas da Rúa de Abaixo. Será este sábado durante a mañán, desde as 11:00 até as 14:00. Ademáis do mercadiño haberá un montón de cousas máis e música en direto. Non podedes faltar a unha das citas máis importantes de Compostela!!!

ALL THOSE FOOD MARKET

ALL THOSE FOOD MARKET:

un mercado de artesáns e emprendedores gastronómicos que queren mostrar o traballo dalgúns dos proxectos máis interesantes e innovadores da escea gastronómica de Barcelona e arredores. All Those Food Market é unha oda á comida e todos aqueles proxectos que apostan por facer as cousas ben, aínda que en muitas ocasións iso signifique nadar contracorrente. A idea xira sobre dous eixos principais. Por unha banda o mercado, sito no vestíbulo principal da Universidade de Barcelona e que , nesta ocasión, contou coa presenza de 60 proxectos que mostraron os seus produtos artesáns e complementos para a cociña.

Embutidos, quiexos, mollos,marmeladas,herbas aromáticas, conservas de peixe-marisco galegas e pans mas também coitelos, cerámicas ou mesmo delantais. A edición de vran contou tamén con algún posto de froitas e verduras, gazpacho recén feito, saladas e até un Sake Bar. Todo ten cabida nun mercado que pretende esalzar o traballo de todos istes
pequenos proxectos con alma.Para Catrineta estar niste mercado foi toda unha experiencia. Unha grande carta de presentación para encontrarnos coa cidade, ademáis de coñecer outros proxectos e outra forma de facer, que sempre contribúe a nosa aprendizaxe diaria.

 

ALL THOSE FOOD MARKET:

un mercado de artesanos y emprendedores gastronómicos que quiere mostrar el trabajo de algunos de los proyectos más interesantes e innovadores de la escena gastronómica de Barcelona y alrededores.
All Those Food Market es una oda a la comida y a todos aquellos proyectos que apuestan por hacer las cosas bien, aunque en muchas ocasiones eso signifique nadar a contracorriente. La idea gira en
torno a dos ejes principales. Por un lado el mercado, situado en el vestíbulo principal de la Universidad y que, en esta ocasión, contó con la presencia de 60 proyectos que presentaron sus productos artesanos y complementos para la cocina. Embutidos, quesos, salsas, mermeladas,
hierbas aromáticas, conservas pescado-marisco gallegas y panes pero también cuchillos, cerámicas y delantales. La edición de verano contó también con algún puesto de frutas y verduras, gazpacho recién hecho, ensaladas e incluso un Sake Bar. Todo tiene cabida en un mercado que
pretende ensalzar el trabajo de todos estos pequeños proyectos con alma. Para Catrineta Conserveira estar en este mercado fué toda una experiencia. Una gran carta de presentación para encontrarnos con la ciudad, además de conocer otros proyectos y otra forma de hacer, que siempre contribuye a nuestro aprendizaje diario.

Catrineta Nonou Edicións en Fachada

Editar libros en calquer formato na fachada da Catrineta Conserveira. Iste é o obxectivo diste proxecto que xurde da colaboración entre Catrineta Conserveira eNonou Edicións. Non Ou Edicións “non ou edicións” é un proxecto alternativo de edición de experiencias. A difusión das súas propostas lévase a cabo mediante a transmisión directa de eventos (non) ou mediante contactos-boca. E se todo é unha
selva ¿por que falta?
A primeira mostra a cargo de Nonou coa edición do Libro dos Cans de Estevo Creus, preséntase cunha experiencia performativa: Improvisación de Son, Danza, e Poesía da man de Ariel Ninas ( Sanfona ), Corpoenpandeireta: Eva Diago e Lorena Toimil e texto poético e voz de Estevo Creus. Imaxes Davide Creus e Mauro Trastoy.
Non hai moitas palabras que definan o que aconteceu iste día: pura emoción. IMPRESIONANTE. Iste é un proxecto aberto para calqueira que queira editar o seu libro na fachada da Catrineta. A duración da edición é varíabel.
Podedes poñervos en conctacto con Catrineta Conserveira de Compostela ou Non Ou Edicións.

Extracto en video da actuación de Corpoenpandeireta: Eva Diago e Lorena Toimil na Conserveira Compostela "CATRINETA" dentro do evento: "CATRINETA NONOUEDICIONS EN FACHADA", o pasado venres 19 de xuño; ruela Altamira nº2, Compostela.

Posted by David Creus Andrade on Lunes, 22 de junio de 2015

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies
0

Tu carrito