TinSex:O Placer en Lata.

En Catrineta acontecen sempre cousas imprevistas, momentos tan especiais e ricos que nós gardamos como verdadeiros tesouros. Así aconteceu cando a Mai aterrizou por aquí…falamos e falamos e chegamos a conclusión de que tiñamos que argallar algo xuntas.

Mai Insua é Psicóloga e Terapeuta Sexual e de Parella, traballa afondando na sexualidade, que como dí ela :” é unha das miñas pulsións, especialmente no traballo con mulleres e como elemento empoderador, de benestar e de pracer”.

Para coñecela un pouco máis:Mai Tuppersex losplaceresdelola.com

Para nós, Catrineta, é un pracer que conte co noso espazo para traballar e profundizar algo máis neste ámbito tan importante para o empoderamento das mulleres.

 

Catrineta é máis ca unha conserveira: é tamén un espazo que alberga e promove cultura, encontros, experiencias; que navega pola historia das mulleres salpicando e potenciando o noso papel presente. O Tin Sex ten a ver moito con esta perspectiva: situar a sexualidade no colectivo, e nun espazo cotiá e accesible no que poida ser ulisqueada, saboreada, compartida, navegada, desfrutada. Traes o abridor e exploramos xuntas o pracer en lata?.  (Texto Mai Insua)

Así da gusto traballar, obrigadas, Mai.

Sábado 8 de Novembro

De 12:30 a 14:30

NA CATRINETA: CONSERVEIRA DE COMPOSTELA