CONSERVEIRAS, MULLERES E COMERCIO LOCAL

Falar do proceso de industrialización é falar das fábricas de salazón primeiro e das conserveiras despois.

Nós que vivimos, respiramos e transpiramos a nosa paixón por elas, polas fábulas de vida cheas de seductores contonéos na historia, con conspiracións e traizóns casi palaciegas. Con herdanzas e matrimonios amañados e abruptas roturas familiares, queríamos, nun ataque de lirismo darlles protagonismo a carón de nós, na cidade que nos acolle e que tan revolta pola historia avanza. Que na rugosidade das pedras abrázanse, seguro, todas elas.

Non pode faltar ,-cando falamos das conserveiras e cando falamos de nós-, a importante figura das mulleres. Falar das fábricas e falar delas, das suas mans incasabeis, das miles de horas de pé repetindo ao ritmo das cintas, das seladoras o mesmo quefacer. Da humidade, das mans molladas e abertas pola sal, do cheiro do peixe concentrado. Corpos activos e agotados que mália traballar  a correr cara as fábricas cando soaba a serea, chegaban a casa e sacaban da terra o que tocara e pendurados das suas saias colgábanse os mocosos que non daban tregua. Ou que de moi meninas ían traballar para as casas dos fomentadores chuchándolles a infacia. Elas que moito despois loitaron por uns dereitos laborais  dos que os homes xa gozaban e que elas nin siquera eran conscientes de ter que reivindicar, puxeron os pilares para regular un dos sectores máis feminizados da industria galega.

Tamén non queriamos esquecer a importancia do comercio. Disos pequenos espazos, e dicimos pequenos porque xa nada se concibe como tal. Pequeno pois, próximos, quentes, sen luces fluorescentes, sen epilépticos cartazais, sen plumbeos sonidos, sen bombas martilleando os miolos con chíos alienantes. Rendirlle tributo tamén a todas isas mulleres invisibilizadas detrás dun mostrador que fican á espera e debullan con experimentados moventos na trastenda un sen fin de labores. Como meigas misturan centos de saberes nun chusco amábel. Elas que investigan e coñecen mellor que ninguén as historias das rugosas pedras e fitan caladiño.

A miga de todo iste sentir cristalizou coa idea e traballo de Illa Bufarda que compuxeron para a Campaña gañadora do IV Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego do Concello de Santiago de Compostela.

Grazas a todas elas hoxe as conserveiras , as mulleres que as fan posíble e as tres xeracións de mulleres e homes que ocuparon a tenda Catrineta, antes Recouso móstranse por toda a cidade. E para mostra un botón:

criseroberto_comercio2maricarmen_comercio1

 

 

pureza-unomari-carmen

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

maricacarmen_comercio3maricacarmen_comercio3conserveira3conserveira6conserveira3