Category: Catrineta

XOUBAS PICANTES en roliños de CABACIÑA

A toda cor, ista receita entra polos ollos e quédase para sempre  gravada nos miolos e leva facela 2 minutos!

Precisas:

  • 1 cabaciña mediana
  • 1 lata xoubas picantes Catrineta
  • 1 leituga tenra
  • Tomates cereixa
  • Sal e pementa
  • Opcional: Sementes de sésamo torradas

Preparala:

  • Cortala cabaciña en láminas lonxitudinais
  • Untalas con algo de aceite e sal e marcalas nunha plancha até que estean brandiñas
  • Na punta de cadansúa lámina  pór unha xouba picante e envolvela
  • Cando teñas isto feito, pinchar cun pauciño e poñer na punta un dos tomates.
  • Nunha fonte facer unha cama de leituga, se gostas do picante, daquela podes engadir algunha salsa picante ou chiles.
  • Colocar os roliños sobre a leituga e botarlles o sésamo por riba se queredes

Como vedes é unha receita sinxela e que admite todas as versións. Agora, a disfrutala!

** Receita sacada do libro: Receita con Conservas de Objecto Anónimo. Podes atopalo na nosa tenda.

 

xouba picante receita

BONITO Á BRÁS CON PORRO.

Malia choiva, arrecende a primavera. Andamos a construirlle niños aos paxaros, removendo terra para facela horta, e tamén ímos argallando receitas para celebrar iste espertar de paixóns. Por iso vos suxerimos ista receitiña orixinal da cociña portuguesa.

 

 

Ingredientes:

2latas de bonito ao natural
Patacas palla, 3/4 patacas
1/2 porro
1 cebola mediana
1 dente de allo
Aceite Oliva ao voso gusto
3 ovos (mellor de pitas en liberdade, claro)
Perixel fresco ao voso gusto
Sal

Praparación:

  • Pelar a cebola e cortala en rodas finas. Igual co porro e o dente de allo.
  • Poñer nunha pota un chorro de aceite e a lume baixo, cando estea quentiño, pochala cebola o allo e o porro.
  • Quítarlle o fumé ao bonito e botalas dúas latas nos vexetais pochados e misturar todo ben un par de minutos.
  • Noutra tixola fritilas patacas cortadas previamente como palla e cando estean listas misturar co bonito e deixar que abranden un pouco.
  • Batilos ovos e misturar todo e deixalos facer cada quen ao seu gusto.
  • E xa está: servir ben quente co perixel fresco ben picado por riba.

Receita sacada do libro: 10 receitas con Conservas de Objecto Anónimo, que o podedes comprar na nosa tenda.

Mexillóns escabeche sobre escuma fina de patacas.

A máis clásica e famosa das conservas galegas e sen dúbida o mexillón en escabeche. Ímos pornos un pouco sofisticados e veredes o que podemos facer cunha lata deles.

Ingredientes:

Mexillóns escabeche Catrineta  1lata

Patacas 200gr

Leite     150cc

Nata       50cc

Sal, pementa, perixel.

Receita:

Cocelas patacas en abundate auga salgada ata que poidamos pinchalas cun garfo.

Retiralas do lume, pelar e engadir o leite, a nata, o sal e a pementa. Misturar todo e pór a crema obtida nun sifón para facela escuma.

Nun plato fondo, servir unha base de escuma fina de pataca e colocar por riba os mexillóns co seu escabeche.

Decorar co perixel moi picadiño.

Receita

Receita sacada de:

Entre latas y sartenes: Cocina  Creativa con conservas de pescado y marisco. Xunta de Galicia.

Sopa de versos. Quico Valeiras.Catrineta nonou Edicións en Fachada

Despois do éxito de Movimentos, Quico Veleiras repite xunto ao saxsofonista Alexandre Cabanelas, na III Edición de  Catrineta Nonou Edicións en Fachada. Esta vez para presentar a súa nova Obra poética: Sopa de versos.
 O Xoves 10 ás 20:00 na Catrineta!!!!
 CARTAZ-SOPAdeVERSOSvector(reduc)
INSTRUCIÓNS DO XOGO:
-1. Vrau: tempada máis cálida do ano que chama á praia llo chiringuito, á abundancia de líquidos frescos con ou sen xeo engadido, ó bronceado llas sopas de letras. Hai quen a detesta. Poesía (1): arte (é dicir: xogo) que consiste en resetear e resituar os lindes da liguaxe para expor certas sensacións, experiencias, valores, etc., onde o dicir adopta unha actitude de intromisión radical, xa en relación ó emisor xa ó receptor. Poesía (2): asunción da linguaxe coma potencia creativa, non tanto entendida esta como vehículo comunicativo do mundo, senón coma a posibilidade mesma da súa disposición e circulación; en definitiva, se a linguaxe é a oportunidade do ser, a poesía irrompe coma a súa revolución. Verso: orde no que a poesía estrutura a súa linguaxe; hai versos que falan do vrau, outros non.

CATRINETA A TUA CONSERVEIRA

Presentámosvos o vídeo que compón a campaña premiada no IV Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego do Concello de Santiago de Compostela no ano 2016.

Idea, guión, gravación, animación, edición e posprodución > Illa Bufarda
Música > Pasodobre de Nicraria de Oïma

catrineta.com
illabufarda.com

II Edición en Fachada CatrinetaNonou:” Movimentos”, Francisco Valeiras-Quico

Catrineta NonOu Edicións en Fachada é un proxecto que consiste na creación da Primeira Editora Mundial de libros en formato fachada coa intención de xerar propostas colectivas de edición abertas a cidadanía.

Nesta II Edición presentamos a Francisco Valeiras-Quico coa obra de poesía, Movimentos.

“…ela e il il i ela medráronse pola probabilística das esquinas…e eisí abriron fiestras nas que respiraron a fricción da franela e o frío do cristal…il e ela ela e il trazaron movimentos cos que nacía o código postal e as palabras arañaron no buzón…ela e il il i ela crearon as físicas todas e chamáronlle nós…” Francisco Valeiras-Quico.

A presentación coa lectura dos poemas con Quico,a  música de cantautor Roberto Sobrado,e o saxo Alexandre Cabanelas, foi un luxo de Edición. Deixamosvos unha pequena mostra.

Edición en Fachada

Edición en Fachada

Edición en Fachadaimaxe3b

 

 

 

 

 

 

imaxe 6b

SOPA DE SARDIÑAS EN TOMATE

Sabemos que isto non o esperabades. Unha lata de peixe para facer sopa???. Poís velaí vai a nosa receita sopera.

Ingredientes:

2 latas sardiñas en tomate.

1 pataca grande.

3 culleres soperas de arroz.

1 cenoira.

1 cebola pequena.

2 culleres de tomate fritido.

folla loureiro.

sal.

pementa negra.

pementón doce.

eneldo ou perixel.

allo.

aceite.

Como facer:

Nunha pota pór auga a ferver. Lavar, pelar e cortar a pataca. Cando a auga ferva, botar o sal, a folla de loureiro,  a pataca partida e o arroz. Cocer a lume medio. Mentras tanto ir picando a cebola e  a cenoira. Facer un sofrito co  tomate fritido.

Cando as patacas estean feitas, abrir as latas coas sardiñas e botalas na pota. Engadir todas as especias. Engadilo sofrito e darlle un fervor de nada para polo todo a mesma temperatura.  E listo!sopa sardiña tomate 2

OS SUMERXIDOS de Pota Cromática

sonia garcíaObradoiro de Pirografía. (Aforo limitado).5€

O vindeiro Venres 13, á tardiña de  18.00 a 20.00 na Catrineta podedes apuntarvos para aprender como practicar pirografía. Entregarásevos todo o material e depois a vosa obra quedará exposta na Catrineta durante unha tempada xunto coas Obras de Pota Cromática.

Xa fai tempo que tiñamos ganas de involucrarnos, de traballar coas nosas mans  e desta vez facémolo con Sonia García, como dí ela mesma, unha rapaza de mar que aprendeu as cores antes de andar!

Aquí deixamosvos unha mostra do que aconteceu:

 

Piro 1

 

piro7

 

piro 5

 

piro6

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies
0

Tu carrito