Catrineta Nonou Edicións en Fachada

Editar libros en calquer formato na fachada da Catrineta Conserveira. Iste é o obxectivo diste proxecto que xurde da colaboración entre Catrineta Conserveira eNonou Edicións. Non Ou Edicións “non ou edicións” é un proxecto alternativo de edición de experiencias. A difusión das súas propostas lévase a cabo mediante a transmisión directa de eventos (non) ou mediante contactos-boca. E se todo é unha
selva ¿por que falta?
A primeira mostra a cargo de Nonou coa edición do Libro dos Cans de Estevo Creus, preséntase cunha experiencia performativa: Improvisación de Son, Danza, e Poesía da man de Ariel Ninas ( Sanfona ), Corpoenpandeireta: Eva Diago e Lorena Toimil e texto poético e voz de Estevo Creus. Imaxes Davide Creus e Mauro Trastoy.
Non hai moitas palabras que definan o que aconteceu iste día: pura emoción. IMPRESIONANTE. Iste é un proxecto aberto para calqueira que queira editar o seu libro na fachada da Catrineta. A duración da edición é varíabel.
Podedes poñervos en conctacto con Catrineta Conserveira de Compostela ou Non Ou Edicións.

Extracto en video da actuación de Corpoenpandeireta: Eva Diago e Lorena Toimil na Conserveira Compostela "CATRINETA" dentro do evento: "CATRINETA NONOUEDICIONS EN FACHADA", o pasado venres 19 de xuño; ruela Altamira nº2, Compostela.

Posted by David Creus Andrade on Lunes, 22 de junio de 2015