Archive: 10/09/2013

Consigue unha entrada gratis para Outono Códax Festival Santiago de Compostela

Rock Around the Design

Rock Around the Design é a exposición da obra de oito artistas gráficos galegos a redor do mundo da cartelería musical.

Os oito artistas galegos que participan na mostra son os encargados de transmitir o valor da arte gráfica a través das súas obras, expostas en oito emblemáticos locais de Compostela. Oito espazos diferentes que achegan un maior atractivo ás pezas: tradición, peculiaridade e beleza.

rock around the design - roteiro santiago de compostelaOS ARTISTAS_
RUBÉN SUÁREZ en RIANDE
XOSÉ LOIS GARCÍA en FARMACIA BESCANSA
ANDRÉS MAGÁN en BAR NEGREIRA
RAÚL BERMÚDEZ en CONFECCIONES Y TEJIDOS CELSA
ROBERTO ARGÜELLES en SOBRERERÍA IGLESIAS
SANTIAGO PAREDES en DROGUERÍA MAYO
ANTÓN QUINTÁNS en MERCERÍA ALGUI
DIEGO DE LA IGLESIA en CEPEDA

CATRINETA (“O CONCERTO DA TÚA VIDA”)_
Na antiga tenda de Ultramarinos Recouso (“A tenda de Baldomero” ou “Tenda de Aurelia“) actualmente reside Catrineta: Conserveira de Compostela, tenda especializada en conserva galega. Este local abranguerá a exposición conxunta O CONCERTO DA TÚA VIDA onde os oito artistas galegos proporán uns carteis imaxinarios do que sería un Outono ideal e imaxinario co mellores concertos da súa vida.

EXPOSICIÓN_
A exposición ROCK AROUND THE DESIGN. O rock ao compás do deseño galego reflicte a relación que existe entre deseño e música e destaca o valor da arte gráfica que a rodea. As portadas de discos, as entradas e, en especial, os carteis de concertos son pequenas obras de arte que achegan un valor engadido á música.

Os carteis decoran o escenario urbano, converténdose, así, en patrimonio público. En palabras de Blaise Cendrars “le espectacle est dans la rue“. Pero a súa vida é fugaz. No momento en que ten lugar o espectáculo que anuncian remata a súa curta vida, excepto aqueles aos que se lles dá unha segunda oportunidade, algo que acontece cando alguén os recolle, os colecciona, os recompila ou os exhibe. Entón xa non son carteis, son algo máis que unha mensaxe atada a un momento. Son obras de arte.

OUTONO CÓDAX FESTIVAL_
Esta exposición é deseñada dentro do marco dos tres días de concertos que abrangue o Outono Códax Festival onde participarán bandas coma BARBARA LYNN, BLACKBERRY´N MR BOO-HOO, OSAKA MONOURAIL, LEFTIES SOUL CONNECTION, THE CHIFFONS

ROCK&PORTE_
Podes conseguir a túa entrada para os concertos do festival grazas a este “Rock&Porte”. Facendo unha consumición ou compra en 10 dos establecementos colaboradores. Solicita o “Rock&Porte” en calquera destes establecementos e sela cada unha das compras nos mesmos.

bit.ly/RockAroundCatrineta

Toda a información en_
www.outonorock.com
http://facebook.com/outonorockfestival

Receita de empanada galega con atún la Pureza

Empanada galega de atún

INGREDIENTES

410 gr de harina
25 gr de levadura fresca de panadería
140 ml de agua
50 ml de vino blanco
1 pizca de sal
Aceite del sofrito
1/2 kilo de cebollas
350 gr de atún (escurrido)
Pimentón dulce
Aceite de oliva virgen extra
1 huevo

salambo

Salammbô Joyce

 

As empanadas son sempre moi socorridas, gustan a case todo o mundo, pódelas preparar con antelación e son un éxito en calquera celebración ou saída.

En cada zona de Galicia faise unha diferente, diferentes fariñas e diferentes enchidos, cada cal máis rica.

A empanada galega que elaboramos nesta ocasión é moi sinxela e unha das máis coñecidas, porque se trata dunha empanada de atún, aínda que podedes engadirlle olivas, pementos ou enchela do que máis vos guste…

Do que estou segura é de que vos vai saír moi rica, nada que ver coas empanadas compradas, e que cando a probedes formará parte do voso menú familiar.

 

Elaboración do recheo

Pelamos as cebolas e picamos. Poñémolas na tixola con aceite de oliva (non escatimedes no aceite xa que o imos necesitar para a masa) a lume medio ata que comecen a transparentanse. Engadimos entón unha culler de pementón doce, mareamos un pouco e incorporamos o atún escorrido, mesturado ben.

Xa fóra do lume, escorremos o aceite e reservámolo.

Elaboración da masa da empanada galega

Poñemos nun cuenco amplo a fariña, sal e o viño. Quentamos un pouco a auga, disolvemos nela a levadura e engadímolo ao resto, incorporamos tamén unhas 8 ou 10 culleres de aceite do sofrito. Xa só nos queda amasar, cando teñamos un composto uniforme tapamos cun pano e deixamos reposar ata que dobre o seu volume, o tempo que tarde vai depender da temperatura ambiente (como mínimo un par de horas).

Montaxe da empanada galega

Unha vez que a masa leveda o suficiente, amasamos de novo un pouco coas mans e repartimos a masa en dúas partes, unha un pouco máis grande que estiramos e poñemos na parte inferior da bandexa do forno. Enriba repartimos o recheo de forma homoxénea deixando os bordes libres. Estiramos a outra parte da masa e cubrimos o recheo, recortamos o exceso da masa dos laterais e pechamos a empanada unindo as dúas partes da masa, para isto iremos collendo uns petiscos de masa e retorcéndoos.

Coa masa que nos sobra podemos realizar algúns adornos.

Batemos un ovo e engadimos un pouco de pementón, con isto pincelamos toda a superficie da empanada. Se na casa hai alguén alérxico ao ovo podedes pincelala cun pouco de leite. Por último cun garfo picamos de forma aleatoria a superficie (así a empanada poderá respirar durante o enfornado). Introducimos no forno precalentado a 200ºC, baixamos a 180ºC e deixamos ata que estea dorada, nuns 30 ou 40 minutos estará lista.

Podedes facer o recheo e a masa da empanada galega na víspera, non pasa nada que quede toda a noite a masa reposando, levedando, e ao día seguinte só tendes que elaborar a empanada e enfornala.

__________________________________________________

___________________________________________________

Ingredientes
410 gr de harina
25 gr de levadura fresca de panadería
140 ml de agua
50 ml de vino blanco
1 pizca de sal
Aceite del sofrito
1/2 kilo de cebollas
350 gr de atún (escurrido)
Pimentón dulce
Aceite de oliva virgen extra
1 huevo
Las empanadas son siempre muy socorridas, gustan a casi todo el mundo, las puedes preparar con antelación y son un éxito en cualquier celebración o salida.
En cada zona de Galicia se hace una diferente, diferentes harinas y diferentes rellenos, a cuál más rica.
La empanada gallega que hemos elaborado en esta ocasión es muy sencilla y una de las más conocidas, porque se trata de una empanada de atún, aunque podéis añadirle aceitunas, pimientos o rellenarla de lo que más os guste…
Lo que estoy segura es que os va a salir muy rica, nada que ver con las empanadas compradas, y que cuando la probéis formará parte de vuestro menú familiar.
 
Elaboración del relleno
Pelamos las cebollas y picamos. Las ponemos en una sartén con aceite de oliva (no escatiméis en el aceite ya que lo vamos a necesitar para la masa) a fuego medio hasta que comiencen a transparentarse. Añadimos entonces 1 cucharada de pimentón dulce, mareamos un poco e incorporamos el atún escurrido, mezclamos bien.
Ya fuera del fuego, escurrimos el aceite y lo reservamos.
Elaboración de la masa de la empanada gallega
Ponemos en un cuenco amplio la harina, la sal y el vino. Calentamos un poco el agua, disolvemos en ella la levadura y lo añadimos al resto, incorporamos también unas 8 o 10 cucharadas del aceite del sofrito. Ya sólo nos queda amasar, cuando tengamos un composto uniforme tapamos con un paño y dejamos reposar hasta que doble su volumen, el tiempo que tarde va a depender de la temperatura ambiente (como mínimo un par de horas).
Montaje de la empanada gallega
Una vez que la masa ha levado lo suficiente, amasamos de nuevo un poco con las manos y repartimos la masa en dos partes, una un poco más grande que estiramos y ponemos en la parte inferior de la bandeja del horno. Encima repartimos el relleno de forma homogénea dejando los bordes libres. Estiramos la otra parte de masa y cubrimos el relleno, recortamos el exceso de masa de los laterales y cerramos la empanada uniendo las dos partes de masa, para esto iremos cogiendo pellizquitos de masa y retorciéndolos.
Con la masa que nos ha sobrado podemos realizar algunos adornos.
Batimos un huevo y le añadimos un poco de pimentón, con esto pincelamos toda la superficie de la empanada. Si en casa hay alguien alérgico al huevo podéis pincelarla con un poco de leche. Por último con un tenedor pinchamos de forma aleatoria la superficie (así la empanada podrá respirar durante el horneado). Introducimos en el horno precalentado a 200º C, bajamos a 180º C y dejamos hasta que esté dorada, en unos 30 o 40 minutos estará lista.
Podéis hacer el relleno y la masa de la empanada gallega en la víspera, no pasa nada que se quede toda la noche la masa reposando, levando, y al día siguiente sólo tendréis que elaborar la empanada y hornearla.

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies
0

Tu carrito