Category: Eventos

Hugo Morales e B´Knob na Catrineta

O próximo luns 7 de outubro abrimos a primeira edición de Concertos na CATRINETA cos artistas Hugo Morales, Ariel Ninas e Ángel Faraldo (da formación B´Knob)

Serán dúas sesións de música experimental especialmente pensada para tocar entre as conservas, un set solo de Hugo Morales (México) para instrumentos hackeados e outro set a dúo para mesa de misturas e sanfona. é un concerto para agudizar os sentidos, limpar a orella e abrir o apetito.

Hugo Morales Murguia (México DF, 1979) é compositor e artista sonoro radicado en Holanda. O seu traballo enfócase na creación e o deseño de formas alternativas de xeración sonora como parte fundamental do discurso musical. Xa sexa por medio de instrumentos tradicionais ou obxectos rudimentarios, a súa obra desenvólvese entre a exploración técnica, a notación, a modificación física, e o uso de diversas tecnoloxías.

  • Hugo Morales: instrumentos tradicionais hackeados

b’Knob é uma dupla de improvisación nascido do azar de encontrar as coincidências, aparentemente irreconciliábeis de dois instrumentos antagónicos como a sanfona e o computador, mas que converxen com uma naturalidade deslumbrante na produção sonora dos cabos eléctricos e as cordas de tripa.

b’Knob é a interacção de Ángel Faraldo e Ariel Ninas. Dois improvisadores que oferecem uma dimensão musical densa, sem aditivos ou efeitos processados, explorando as potencialidades dos seus instrumentos e destacando esses matizes nos que parecem confundir-se para construir um som unido e coherente. Entre o electroacústica mais minimal/maximal e a acusmática mais suxerente, cada sessão que os junta é um novo universo sonoro por explorar.

Depois de um concerto em Zaal 100 (Amsterdã) e outro recentemente no FAC Peregrina en primavera de 2013 e um disco ainda sem publicar, b’Knob oferecerão para o recital na tenda Catrineta uma sessão em base ao drone e ao feedback de frequências ricas em matizes, tempos repousados e atmósferas envolventes.

  • Ángel Faraldo: no-input mixer
  • Ariel Ninas: sanfona electroacústica

Máis información: http://arielninas.wordpress.com/blog

degustación viño e conservas vide vide e catrineta

Sábado 5 de outubro Degustación Cooperativa

O próximo sábado 5 de outubro VIDE, VIDE e Catrineta queren festexar a chegada do outono convidando aos seus clientes a unha degustación moi especial dos seus produtos.

Sábado 5 de outubro a partir das 12h na tenda VIDE, VIDE! e na tenda de Catrineta.

Menú da degustación:
VIDE, VIDE! (Rúa da Fonte de Santo Antonio 10, Compostela)_

*COPA DE XIRPIN BRANCO + ZAMBURIÑA EN S/ VIEIRA

CATRINETA (Ruela de Altamira 2, Compostela)_

*COPA DE XIRPIN TINTO + MEXILLÓN ESCABECHE + XOUBA AC/ OLIVA

Contacto:

VIDE, VIDE!
TLFNO_ 981 58 29 11
MAIL_ info@videvide.net
WEB_ www.videvide.net

CATRINETA: CONSERVEIRA DE COMPOSTELA
TLFNO_ 657 763 155
MAIL_ info@catrineta.com
WEB_ www.catrineta.com

Consigue unha entrada gratis para Outono Códax Festival Santiago de Compostela

Rock Around the Design

Rock Around the Design é a exposición da obra de oito artistas gráficos galegos a redor do mundo da cartelería musical.

Os oito artistas galegos que participan na mostra son os encargados de transmitir o valor da arte gráfica a través das súas obras, expostas en oito emblemáticos locais de Compostela. Oito espazos diferentes que achegan un maior atractivo ás pezas: tradición, peculiaridade e beleza.

rock around the design - roteiro santiago de compostelaOS ARTISTAS_
RUBÉN SUÁREZ en RIANDE
XOSÉ LOIS GARCÍA en FARMACIA BESCANSA
ANDRÉS MAGÁN en BAR NEGREIRA
RAÚL BERMÚDEZ en CONFECCIONES Y TEJIDOS CELSA
ROBERTO ARGÜELLES en SOBRERERÍA IGLESIAS
SANTIAGO PAREDES en DROGUERÍA MAYO
ANTÓN QUINTÁNS en MERCERÍA ALGUI
DIEGO DE LA IGLESIA en CEPEDA

CATRINETA (“O CONCERTO DA TÚA VIDA”)_
Na antiga tenda de Ultramarinos Recouso (“A tenda de Baldomero” ou “Tenda de Aurelia“) actualmente reside Catrineta: Conserveira de Compostela, tenda especializada en conserva galega. Este local abranguerá a exposición conxunta O CONCERTO DA TÚA VIDA onde os oito artistas galegos proporán uns carteis imaxinarios do que sería un Outono ideal e imaxinario co mellores concertos da súa vida.

EXPOSICIÓN_
A exposición ROCK AROUND THE DESIGN. O rock ao compás do deseño galego reflicte a relación que existe entre deseño e música e destaca o valor da arte gráfica que a rodea. As portadas de discos, as entradas e, en especial, os carteis de concertos son pequenas obras de arte que achegan un valor engadido á música.

Os carteis decoran o escenario urbano, converténdose, así, en patrimonio público. En palabras de Blaise Cendrars “le espectacle est dans la rue“. Pero a súa vida é fugaz. No momento en que ten lugar o espectáculo que anuncian remata a súa curta vida, excepto aqueles aos que se lles dá unha segunda oportunidade, algo que acontece cando alguén os recolle, os colecciona, os recompila ou os exhibe. Entón xa non son carteis, son algo máis que unha mensaxe atada a un momento. Son obras de arte.

OUTONO CÓDAX FESTIVAL_
Esta exposición é deseñada dentro do marco dos tres días de concertos que abrangue o Outono Códax Festival onde participarán bandas coma BARBARA LYNN, BLACKBERRY´N MR BOO-HOO, OSAKA MONOURAIL, LEFTIES SOUL CONNECTION, THE CHIFFONS

ROCK&PORTE_
Podes conseguir a túa entrada para os concertos do festival grazas a este “Rock&Porte”. Facendo unha consumición ou compra en 10 dos establecementos colaboradores. Solicita o “Rock&Porte” en calquera destes establecementos e sela cada unha das compras nos mesmos.

bit.ly/RockAroundCatrineta

Toda a información en_
www.outonorock.com
http://facebook.com/outonorockfestival

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies
0

Tu carrito