EXPOSICIÓN AMPARO ESCRICH ALBENTOSA

Catrineta acolle a exposición da ceramista Amparo Escrich Albentosa natural de Valencia e que ten o seu obradoiro hoxe en día en Monforte de Lemos (Lugo)

Cursou estudos na escola de Cerámica de Manises e na de Artes e Oficios de Valencia.

Amparo Escrich realizou traballos de restauración no museo de Cerámica de Valencia González Martí e na igrexa de San Juan Bautista.

Reside en Galicia desde fai anos, realiza cursos e talleres de cerámica, raku, corda seca, modelado, torno, etc..

As pezas aquí expostas é unha pequena representación do seu extenso traballo. Pezas realizadas con gres e cristal fundido a unha temperatura de 1250 grados. Campás modeladas con barro e engobe cocido a 980 grados. Peixes feitos en barro con vidriado cocido a 980 grados. Cuencos torneados e decorados coa técnica de Corda Seca.

Datos de Contacto:
Tlfno. 982 404 620

Facebook: Amparo Escrich Albentosa