Archive: 12/03/2015

Obradoiro Mimadriña. Mes da Patela

Mimadriña defínese como unha artesá, unha muller do mar. A creatividade, o mar, a identidade da costa da morte, o feito a man, son sempre tripulantes das súas propostas.

Na Catrineta é xa a segunda vez que experimentamos coa súa obra, e é un pracer! . Os seus traballos teñen na nosa tenda un contexto idóneo. Pero do que máis gostamos é da súa persoa, do seu discurso. Levar a CULTURA ( a de todas) a espazos que están fóra do institucional para achegalos a espazos cotiás, é para nós, principio destas accións. Alén disto, neste mes de marzo no que queremos visivilizar o traballo de milleiros de mulleres no mar, que botamos de menos cando se fala del, traballos que non contaron e non contan co recoñecemento suficiente, son para nós neste mes obxeto de acción. Por iso, Mimadriña fará este obradoiro, para pór no noso maxín a historia delas, das mulleres do mar.

 

http://mimadrinha.com

MES DA PATELA. Helena AYAPE&CHIÑA

Hoxe contamos coa inauguración da Exposición de Pintura&Escultura na que Helena Ayape e Chiña de Brea mostran na Catrineta.

Helna Ayape, naceu nos cerros de Úbeda mais criouse en Galicia, donde estudou Belas Artes, formación que continou en Barcelona. Estudou tamén fotografía en Compostela. Ela entende o arte como unha forma de expresarse persoal e sen etiquetas, así que durante iste mes de marzo, poderedes disfrutar da súa visión do mundo. Deixámosvos aquí o enlace a súa web.

http://helenaayape.webuda.com/index.php

Chiña da Brea móstranos parte do seu traballo na web Aristócratas mendigos, velaí o enlace para coñecela un pouco mellor:

http://aristocratasmendigos.org

A partir das 20:00 comezaremos coa inauguración na Catrineta con algo de petiscos e bebida e despois continauremos de troula na Radio, que comezan  cun novo proxecto onde as seseións vermús cobran todo o protagonismo!!

Esperámosvos!

 

MES DA PATELA en CATRINETA

Queremos adicar este mes a todas as mulleres que taballan nas Conserverias e tamén no mar, porque ellas fan posíbel o noso traballo. A patela é sen dúbida o elemento máis recoñecíbel, esa cesta posta na cabeza sobre o rolo para carretalo peixe. Ao largo da historia de Galicia miles de mulleres traballaron no procesamento de peixe e en tarefas auxiliares da pesca, participando nos procesos de industrialización rexional en insertándose no mercado de traballo asalariado. Os empresarios reclutábanas polas aldeas porque eran traballadoras, produtivas e docís e cobraban pouco; é dicer, adatábanse moi ben ás necesidades da industria contribuíndo a facela máis comepetitiva no mercado Internacional. Na actualidade repítense algunhas das estratexias empresariais da primeira fase da globaización como a creación de plantas procesadoras noutros países que buscan, entre outros factores, man de obra abundate e barata. Tal é o caso de áreas moi competitivas do sudeste asiático, donde os salarios das mulleres conserveiras son sete veces inferiores aos dalgúns países Latinoamericanos como Ecuador, e desde logo, moito máis que os da Union Europea. (Texto extraído do libro: Xénero, traballo e niveis de vida na industria conserveira de Galicia,1870-1970, Luisa Muñoz Abeledo).

E por isto que durante iste mes de marzo ímos ter un par de actividades, coa intención de visibilizar o traballo das mulleres e a importancia de que se acaden cotas de igualdade de xénero en tudos os eidos. Desde o traballo que miles de mulleres realizan nos seus fogares e tamén fóra deles por salarios miserabeis ou diretamente gratis, pasando polo traballo nas industrias, até na cultura e na ciencia.

O primeiro evento terá lugar este sábado 7 de marzo ás 20:00h. Será unha exposición conxunta de dúas artistas que nós apreciamos moito,Helena Ayape e Chiña, elas formaron parte do proceso creador de Catrineta, facendo posíbel que a nosa Escafandra, luza xeitosa no noso escaparate. Convidámosvos a pasar o sábado ás 20:00 por Catrineta para desfrutar de máis mostra do seu traballo, delas mesmas e dalgún que outro petisco.

O segundo evento terá lugar o seguinte sábado 14 de marzo a partir das 11:30, toda unha sorpresa da xenial, para nós imprescindíbel,Mimadrinha coa que fai xa un ano tivemos o pracer de teren aquí unha exposición do seu traballo. Que como non, foi absolutamente xenial, así que repetimos, mas desta vez un obradoiro interactivo.

 

Así que xa sabedes, neste mes da Patela, esperamos vervos por aquí mariñeirXs

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies
0

Tu carrito