Exposición “A Cidade Mergullada”
Seguindo coa nosa dinámica de crear un espazo aberto a outros proxectos, Catrineta presentará o vindeiro 18 a partir das 19:30h a Exposoción ” A Cidade Mergullada” a cargo de Cestola Na Cachola, e contaremos con petisquiños de Prato_Do e algo de beber
Cestola na Cachola é unha Cooperativa de traballo asociado sen ánimo de Lucro. Traballan co obxetivo de promover o consumo responsable e os valores da economía social e solidaria entre a cidadanía. Utilizan a empresa como ferramenta para traballar e pensar dun xeito colectivo, democrático, colaborativo e transparente.
Ofrecen diversos servizos no eido da economía, a arte, a ecoloxía e a educación para o desenvolvemento entre outros.
A Cidade Mergullada é un conto ilustrado por Miguel Peralta e escrito por Xoana Alamar, dúas das persoas socias que forman parte de Cestola na Cachola, xunto con Raquel Doallo.
http://www.cestolanacachola.org/portfolio/a-cidade-mergullada/
Este foi un proxecto persoal de Miguel a partir dun texto escrito por Xoana. É a historia dunha cidade que paulatinamente vai sendo afundida e de como os seus habitantes se adaptan á nova situación casi imperceptiblemente.
As imaxes foron pintadas con pintura plástica e spray en diferentes espazos abandonados de Santiago de Compostela, a pena é que agora só o podes ver en papel, moitas das paredes xa non existen. A fotografía é de Ferni.
Os petiscos de Prato_Do
Descrición
A Tapería Responsable Itinerante preocúpase pola SAÚDE DAS PERSOAS, por eso creamos tapas saudabeis coherentes co entorno e sobre todo cun mesmo.
https://www.facebook.com/pages/Prato_do/597163233634277